Labregos de Lugo SAT é unha sociedade agraria de transformación que aglutina a diversos agricultores da provincia de Lugo que cumpren unha serie de requisitos para conseguir unha produción de calidade. É unha empresa galega con sede en Riotorto, na provincia de Lugo, que conta con socios de diferentes concellos, Mondoñedo, Riotorto, A Pontenova, Guntín e O Corgo.
Dedicamonos a cultivos de longa duración, como son a pataca, cebola e cabaza; e tamén a hortalizas como repolo, coliflor, allo-porro (puerro), leitugas de diferentes variedades, xudía, tomate, calabacín e berenxena.
Colleitamos a man e todo o proceso realízase coas mellores práticas da agricultura tradicional. Grazas a todo isto conseguimos que os cultivos de “Labregos de Lugo SAT” sexan produtos de grande calidade, exclusivos, e cunha textura e sabor característicos.